CRTVG

Buscar

Deteñen en Baraxas un home acusado de raptar a súa filla en Inglaterra

Publicado o 06/08/2019 16:14

Deteñen un home alxeriano no aeroporto de Baraxas acusado de raptar ameazando cunha pistola a súa propia filla de dous anos dun centro de menores en Inglaterra para levala consigo ao seu país. Cando o avión en que viaxaban fixo escala en Madrid, foi interceptado pola Policía Nacional.

O home perdera a custodia da pequena, que está en perfecto estado en mans dos servizos sociais, á espera de ser devolta ao Reino Unido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019