CRTVG

Buscar

Deteñen en Alxeciras un membro do Daesh con manuais para cometer atentados

Publicado o 21/09/2019 14:21

Preparábase para perpetrar accións con armas brancas e vehículos explosivos

Novo golpe ao terrorismo xihadista. En Alxeciras foi detido este home. Formaba parte do DAESH e contaba con manuais para poder atentar. O detido, que xa ingresou en prisión provisional, tiña documentación que o habilitaba para perpretar acción violentas con explosivos, vehículos ou armas. Estaba integrado nos grupos de mensaxería xihadista, nos qu se difundiran as últimas ameazas en castelán conta España. Amosáralle a varios contactos o seu xuramento de lealdade, que en ocasións foi o paso previo da organización antes de atentar en Europa.

Noticias web

21/09/2019