CRTVG

Buscar

Deteñen dúas mulleres en Madrid por unha ciberestafa denunciada en Betanzos

Publicado o 18/06/2020 10:36
Deteñen dúas mulleres en Madrid por unha ciberestafa denunciada en Betanzos

A Garda Civil detivo dúas mulleres residentes en Madrid por unha ciberestafa cometida en Betanzos (A Coruña). A investigación comezou cando unha veciña de Coirós denunciou, no cuartel da Garda Civil de Betanzos, que desde a súa conta bancaria en liña se realizara unha transferencia fraudulenta por importe de 1.500 euros, e que lle era imposible cancelala.

As pescudas do equipo de estafas telemáticas da Garda Civil levaron ata as dúas mulleres investigadas, que supostamente utilizaron un malware bancario, coñecido como phising. Consiste en suplantar a entidade bancaria para enganar o usuario e conseguir así as súas credenciais e contrasinais de acceso ás contas bancarias.

En canto as obtiveron introducíronas nas chamadas contas Gether, que se utilizan como unha ponte para despois comprar criptomoedas e extraer fisicamente os cartos, xa branqueados.

As dúas detidas non tiñan antecedentes por feitos similares. O caso xa está sendo investigado polo Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Betanzos.