CRTVG

Buscar

Deteñen dúas persoas en Betanzos que roubaban polo método da "aperta cariñosa"

Publicado o 24/05/2019 23:21

A Policía Nacional investigou varias denuncias no mes de maio por roubos na Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo e Marín. Todos os casos seguían o mesmo patrón: unha muller se achegaba a personas maiores que levaban á vista xoias ou reloxos de luxo. Usando diferentes excusas acababan dando unha aperta á vítima, á que roubaban o que levaba, mesmo usando a violencia se opoñían resistencia. Os detidos son de nacionalidade romanesa e forman parte de doúas bandas dedicadas a este tipo de roubos por toda Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/05/2019