Deteñen dous irmáns acusados da agresión a unha moza en Monforte
Publicado o 07/10/2021 13:46
Deteñen dous irmáns como os presuntos autores da agresión a unha moza de Monforte en plena rúa. A vítima sufriu graves feridas na cabeza e na cara das que tivo que ser tratada no hospital da Coruña, onde estivo ingresada dez días. Ao parecer, a lea iniciouse entre as dúas mulleres. Os detidos presuntamente golpearon a moza cun teléfono móbil e unha botella.
"Tomóuselles declaración a todas as testemuñas, onte identificouse os agresores e procedeuse á detención dos dous irmáns autores da agresión", explica o voceiro da Policía Nacional en Lugo, Manuel Arias.