CRTVG

Buscar

Deteñen dous homes sospeitosos de 17 roubos en vivendas na contorna de Vigo

Publicado o 22/01/2020 14:32

A Policía Nacional de Vigo logrou esclarecer 17 roubos con forza cometidos por unha organización criminal en vivendas de Vigo e a súa contorna.

Os autores son dous homes que formaban parte dunha banda albanesa que actuaba por toda Galicia. Nalgúns dos asaltos os delincuentes accederon ás vivendas encapuchados mentres os moradores estaban ceando ou vendo a televisión na planta baixa.

Esta organización podería estar relacionada cuns 70 roubos na comunidade. A Policía Nacional logrou deter os dous homes tras o asalto a unha vivenda en Valadares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2020