CRTVG

Buscar

Deteñen dous homes por roubar un bolso con obxectos por valor de 237.000 euros

Publicado o 06/07/2019 14:38

Os dous detidos acumulan numerosos antecedentes e o 30 de xuño actuaron nun estacionamento da terminal dúas do Prat, en Barcelona, roubándolle unha mochila a un representante de xoias na que levaba 5.000 euros, un ordenador portátil e un mostrario dos seus produtos, valorado todo en máis de douscentos mil euros.

O modus operandi dos ladróns, de orixe italiana e serbia, que actúan nas proximidades das estacións e aeroportos é distraer as persoas que cargan ou descargan o seu vehículo, e nese momento facerse coas súas pertenzas. 

Os Mossos identificaron os ladróns nunha avenida da cidade e comprobaron a orde de detención que había sobre eles, logrando capturalos. Un dos detidos acumula 47 detencións por delitos contra o patrimonio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/07/2019