CRTVG

Buscar

Deteñen dous homes na Coruña por violencia machista

Publicado o 27/04/2020 14:11

Na Coruña, nas últimas horas, foron detidos dous homes de 29 e 35 anos como presuntos autores de delitos de violencia de xénero contra as súas parellas. Nun dos casos foi a propia vítima a que denunciou os feitos ante a Xefatura Superior de Policía.

O outro aconteceu na zona do Orzán. Neste caso foi a nai da vítima a que avisou os axentes, despois de que a súa filla lle confesara que tiña medo pola actitude violenta do seu marido. Os dous foron detidos e postos a disposición xudicial.

Noticias web

27/04/2020