CRTVG

Buscar

Deteñen dous homes en Baiona tras saltaren un control

Publicado o 25/03/2020 14:43

Un dos controis de tráfico establecidos para controlar as restricións nos dsprazamentos permitiu a detención dun veciño de Baiona, buscado pola xustiza. A secuencia que van ver ocorreu o domingo na autoestrada do Val Miñor.

Despois de saltar o control da Garda Civil e arremeter contra os axentes, o individuo, de 23 anos,e sen carné de conducir, irrompeu na peaxe de Sabarís deste xeito. Unha vez interceptado, tamén foi detido un veciño de Gondomar, de 37 anos que ia de acompañante. O coche carecía de seguro e tampouco pasara pola ITV. Os dous foron denunciados ademais por infrinxir o real decreto de estado de alarma.

Noticias web

25/03/2020