CRTVG

Buscar

Deteñen cinco persoas acusados de roubos en bares de Vigo

Publicado o 02/12/2019 14:34

Con esta violencia rebentaban as máquinas comecartos os detidos en Vigo pola súa suposta pertenza a un grupo criminal, especializado en roubos en establecementos de hostalería. Cometeron supostamente máis dunha trintena de atracos. A Garda Civil arrestou 5 persoas no marco da Operación "Varadoiro". A maiores tamén hai un investigado. Actuaban con rostro cuberto en locais de Pontevedra, A Coruña, Salamanca e Zamora. Segundo a Garda Civil chegaron a subtraer máis de 60.000 euros das máquinas recreativas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019