CRTVG

Buscar

Deteñen catro sospeitosos de atracos a taxistas da Coruña

Publicado o 05/02/2020 14:33

Na Coruña, a Policía Nacional prendeu seis homes como presuntos autores de catro atracos a taxistas, todos eles pola noite. Para facerse coas recadacións, os delincuentes empregaban violencia verbal ou intimidaban os condutores con armas brancas. Nalgún caso chegaron a ferir un taxista, que tardou días en volver ao seu posto de traballo.

O último dos atracos foi o 18 de xaneiro. Contra as cinco da mañá, dous mozos subiron a un taxi nesta parada da praza de España con destino ao barrio da Sagrada Familia. Un ocupou o asento do copiloto. O outro, sentou xusto detrás do condutor, e antes de chegar ao destino, agarrouno, púxolle unha navalla no peito e esixiulle a recadación.

Porén, non foi un caso illado. Días antes denunciaron outros tres atracos similares.

"Non lembrabamos nin os máis vellos do lugar tantos atracos consecutivos... ", di Manuel Sánchez Quindimil, presidente da Federación Galega do Taxi.

Nalgúns casos, os delincuentes empregaban só violencia verbal para conseguir os cartos. Noutros, intimidaban os taxistas cunha arma branca.

Tras estes catro casos rexistrados no pasado mes de xaneiro, os taxistas din que se senten indefensos e piden máis seguridade.

A Policía Nacional segue traballando para determinar se os arrestados puideron cometer outros roubos con violencia ou intimidación en datas anteriores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/02/2020