CRTVG

Buscar

Deteñen catro homes en Pontevedra que distribuían droga en patinetes eléctricos

Publicado o 12/11/2020 14:36

Nunha céntrica explanada de Pontevedra onde antes había un bar era onde se reunían supostamente os catro homes de entre vinte e nove e corenta e tres anos con cadanseu patinete eléctrico. O establecemento estaba sempre moi concorrido de xente nova pero os habituais da zona non se decataron de nada sospeitoso.

O grupo, que actuaba con gran nivel de coordinación e apoio familiar, tamén operaba desde aquí, en Mollabao, no vello depósito municipal de vehículos de Pontevedra, pero movíanse por toda a cidade, mesmo nas zonas peonís con patinetes eléctricos valorados en catrocentos euros.

A Policía Nacional, despois de detectalos circulando por zonas peonís en contrasentido e a gran velocidade, detivo os catro homes. Sorprenderon varias vendas de háxix, marihuana e cocaína. Os individuos tamén levaban droga enriba tamén na roupa interior.

Os detidos teñen antecedentes policiais e contaban co apoio doutras tres persoas que facían labores de apoio e contravixilancia.

Noticias web

12/11/2020