CRTVG

Buscar

Deteñen ao subdelegado do Goberno de Valencia polo suposto cobro de comisións

Publicado o 13/05/2021 09:35

FOTO EFE

A delegada do Goberno en Valencia cesou o seu número dous, detido este xoves nunha operación contra a corrupción.

Tamén o Partido Socialista Valenciano suspendeu de militancia a Rafael Rubio, un histórico do partido que fora candidato á alcaldía de Valencia.

Na operación tamén foi detido o exvicealcalde popular Alfonso Grau, que fora man dereita da popular Rita Barberá. Os dous están investigados polo presunto cobro de comisións urbanísticas entre 2005 e 2010. A UCO detivo nesta operación quince persoas, entre elas empresarios da construción.

 

Noticias web

13/05/2021