CRTVG

Buscar

Deteñen a Willy Toledo para que declare ante o xuiz

Publicado o 12/09/2018 18:50
Deteñen a Willy Toledo para que declare ante o xuiz

O actor Willy Toledo foi detido esta tarde en execución da orde dictada contra el polo Xulgado de Instrución número 11 de Madrid por non acudir a declarar en dúas ocasións por presuntas ofensas relixiosas. O arresto produciuse arredor das 15.00 horas na contorna da súa vivenda en Madrid, e, por tanto, pasará a noite en dependencias policiais antes de comparecer mañá xoves ante o xuiz.

A detención chega dous días despois de que Toledo anunciara no seu perfil de Facebook que non se ía entregar e que ía levar o su acto de desobediencia "ata as últimas consecuencias". O actor tiña convocada para esta noite unha vixilia pola libertade de expresión nun teatro madriñelo, onde "agardaría" á policía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2018