CRTVG

Buscar

Deteñen o Piollo, un coñecido delincuente que fuxiu do cárcere hai dous meses

Publicado o 16/02/2021 09:09

Nas últimas horas tamén foi detido un coñecido delincuente, Jonathan Moñiz, alcumado o Piollo, que fuxiu do cárcere hai máis de dous meses.

Prendérono no distrito madrileño da Latina tras unha persecución en que o Piollo arremeteu contra as patrullas policiais co coche roubado en que viaxaba.

O delincuente fuxira xunto co seu irmán, ambos expertos en roubos polo método do buraco e da rotura de cristais, do cárcere madrileño de Valdemoro.

Unha acción pola que se investiga un funcionario de prisións e a dous gardas civís, por supostamente prestarlles axuda.

Noticias web

16/02/2021