CRTVG

Buscar

Deteñen a nai da nena que apareceu morta no cuarto dun hotel de Logroño

Publicado o 27/01/2020 21:05

A alarma deuna esta maña un veciño cando veu unha muller, supostamente en actitude suicida, nunha das ventás dun hotel de Logroño. Cando chegou a policía atopou no cuarto o corpo sen vida da nena, de cinco anos, aparentemente sen signos de violencia. Estaba sobre a cama e tapada cunha manta. A nai de 36 anos e de nacionalidade española, tentaba, efectivamente, suicidarse tirándose desde a fiestra ao baleiro.

Onte pola noite, o pai da cativa, con quen vivía, denunciara a súa desaparición, despois de que a nai incumprira o rexime de visitas ao non entregarlle a filla. A nai saíu do hotel polo seu propio pé e foi trasladada en ambulancia a un centro hospitalario, en calidade de detida. A autopsia determinará as causas da morte da cativa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/01/2020