CRTVG

Buscar

Deteñen 21 integrantes dunha banda que roubaba nas zonas rurais de Galicia

Publicado o 13/11/2020 19:50

Vivendas, granxas, galpóns e ata igrexas. Calquera lugar das zonas rurais valíalle a banda para perpetrar os seus roubos. Actuaron sobre todo na linde entre as provincias de Lugo e A Coruña e o seu botín inclúe ducias de unidades de máis de cen elementos diferentes. Tan só os que se ven nestas imaxes terían un valor no mercado negro duns 200.000 tirando polo baixo. Algúns dos 21 detidos nesta operación touch xa contaban con antecedentes penais.

"Aquí hai tomas de forza ou chaves que para nós poden non ter valor pero que poden ter un custo de 500 euros. Iso multiplicado por un número moi elevado de pezas roubadas dá unha importante cantidade", explican dende a Garda Civil.

Entre o incautado hai 10.800 euros en efectivo e armas de fogo trucadas. O material é do máis variado. Dende maquinaria agrícola ou ferramentas para especialistas valoradas en máis de mil euros ata ferralla sen valor. Todo canto atopaban nos inmobles asaltados era recollido sen facer distinción. Todo o podían vender ou intercambiar grazas á complicidade dos receptadores."En especial en segundas vivendas ou en casas do rural deshabitadas ou illadas. tamén roubaron material de explotacións agrícolas e gandeiras, obras públicas, forestal e mesmo igrexas.", asegura Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno de Lugo

A operación touch serviu tamén para localizar e desmontar un punto de venda de droga que operaba nos concellos de Toques e Boimorto.

Noticias web

13/11/2020