CRTVG

Buscar

Deteñen 15 menores por acosar dous irmáns nun instituto madrileño

Publicado o 10/01/2019 20:16

A Policía Nacional detivo un total de 15 menores de entre 14 e 16 anos acusados de acosar dous irmáns (de 13 e 15 anos) no instituto de Villaverde en que estudaban, segundo informaron fontes da Xefatura Superior de Policía.

Axentes de Villaverde foron quen detiveron os menores o pasado mes de decembro cando o pai dos irmáns oíu berros no portal da súa vivenda e alertou a policía de que estaban a agredir os seus fillos, que ata ese momento non denunciaran.

Os detidos foron postos posteriormente a disposición da Fiscalía de Menores acusados dun presunto delito de acoso escolar. Os agredidos levaban un mes e medio sen acudir ao instituto, segundo adiantou El Mundo. Os presuntos acosadores gravaban cos seus móbiles e difundían en diversas redes sociais as humillacións e vexacións ás que sometían a ambos os irmáns.

Ante estes feitos, fontes da Consellería de Educación indicaron que se vai a abrir unha información reservada por parte da Inspección Educativa para determinar o ocorrido arredor deste asunto, xa que esa Consellería "non tiña constancia de nada do que se está contando".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019