CRTVG

Buscar

Deteñen 14 persoas en Ourense por roubos con violencia

Publicado o 28/09/2020 13:53

Coa detención de 14 persoas, a Garda Civil de Ourense dá por desartellada unha rede criminal acusada de roubos con violencia en catro provincias.

Os detidos, veciños dos concellos ourensáns de Nogueira de Ramuín, Maceda e Esgos, xa prestaron declaración perante o xuíz que decretou prisión para catro, incluído o suposto cabeciña da rede. Impútanlles tres roubos con violencia e unha vintena de roubos con forza en vivendas e establecementos comerciais. Tamén, un delito de integración en grupo criminal.

O valor aproximado do roubado ascende a 80.000 euros. A maior parte do subtraído, aclara a Garda Civil, eran ferramentas e chatarra que revenderon en talleres legais.

Noticias web

28/09/2020