CRTVG

Buscar

A Revista

Detención de 27 persoas na operación contra o narcotráfico denominada Barrancobermeja

Publicado o 10/08/2018 13:02

No 'Telexornal' contarémoslles os últimos datos da operación Barrancabermeja, que é como bautizaron o comiso de 2 toneladas de cocaína nun barco nos Azores con destino a Galicia, e a detención de 27 persoas, entres elas históricos narcos como Manuel Charlín ou Jacinto Santos.

Pero hoxe tamén temos que falar doutro novo golpe ao narcotráfico porque a Garda Civil desmantelou unha organización criminal dedicada ao tráfico de haxix. A operación KNIGHT desenvolveuse nas provincias de Almería e Cádiz. Detiveron 15 persoas e incautáronse de preto de 9 mil quilos de haxix, ocultos en frondeos no mar, en zulos e rochos. Os axentes realizaron 24 rexistros onde comisaron gran cantidade de material, ferramentas e medios de transporte para realizar unha actividade que desenvolvían en todo o arco mediterráneo ata Alacante.

A Revista

10/08/2018