CRTVG

Buscar

Indignación nos EUA por deter cunha corda e levar cuns cabalos un home de raza negra

Publicado o 08/08/2019 10:00

O linchamento por motivos raciais é o que evoca esta imaxe que acaba de xerar unha grande indignación nos Estados Unidos. Dous axentes brancos a cabalo levan un home negro atado cunha corda nunha localidade de Texas.

A policía explicou que o home foi arrestado por violación da propiedade e que xusto nese momento non tiñan coches patrulla. Moitos cualificaron esta acción como propia de tempos escravistas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019