CRTVG

Buscar

Detéctase unha mutación na variante británica da covid que podería diminuír a eficacia das vacinas

Publicado o 03/02/2021 15:32

As autoridades sanitarias do Reino Unido detectaron unha nova mutación na variante británica do coronavirus. Preocupa que poida diminuír a eficacia das vacinas.

É unha mutación que tamén apareceu nas variantes brasileira e surafricana do virus, así que temen que, coma elas, teña maior resistencia aos fármacos e reste efectividade ás vacinas. 

De momento aquí detectouse só en once casos de máis de douscentos mil analizados, pero preocupa que poida propagarse con rapidez se consegue axudar o virus a burlar o sistema inmune. Podería provocar reinfeccións e reducir o efecto das vacinas, como alerta un estudo preliminar da Universidade de Cambridge, que indica que a vacina de Pfizer-Biontech sería "menos efectiva" se o virus contén esta nova mutación

Noticias web

03/02/2021