Detectan unha nova variante do coronavirus en Lugo catalogada como non preocupante
Detectan unha nova variante do coronavirus na área sanitaria de Lugo. É de procedencia arxentina, pero esta mutación non é preocupante, xa que non é nin máis contaxiosa nin máis agresiva.
É un dos milleiros de variantes naturais do virus que están en circulación, e non está no grupo das que preocupan ás autoridades sanitarias, como son a británica, a surafricana e a brasileira; tampouco das que están baixo investigación.
Esta mutación que se orixinou na Arxentina nin é máis contaxiosa nin provoca un cadro máis grave da enfermidade. É segundo os expertos unha mutación irrelevante e súa presenza é insignificante. Na secuenciación de cen mostras tan só se atopou nun 16 por cento delas.
David Posada, catedrático de Xenética da Universidade de Vigo, asegura que "esta variante que vemos en Lugo, mal chamada arxentina, é unha variante irrelevante. É unha parte natural do virus. Tamén hai variantes xenéticas nas persoas".