CRTVG

Buscar

Detectan un novo gromo en Muíños e aumentan os afectados en dous gromos na cidade de Ourense e noutro en Verín

Publicado o 14/09/2020 22:54
Detectan un novo gromo en Muíños e aumentan os afectados en dous gromos na cidade de Ourense e noutro en Verín

A área sanitaria de Ourense informou dun novo gromo de coronavirus detectado no concello de Muiños (Ourense), con catro casos, entre eles o dunha muller de 85 anos que está ingresada. Os outros tres afectados (outra muller de 66 anos e dous homes de 72 e 42 anos) están a seguimento no seu domicilio.

Por outra banda, as autoridades sanitarias informan do aumento de casos no gromo de Verín, que pasa de seis a oito persoas diagnosticadas: unha moza de 16 anos e un mozo de 19.

O gromo de orixe social en Ourense comunicado o pasado día 4 aumenta de 8 a 10 positivos, tras o diagnóstico dunha moza de 18 anos e dun de 15.

Finalmente, o gromo detectado en Ourense de orixe familiar tamén pasa de sete a oito casos, co novo positivo dun home de 41 anos.
 

Noticias web

14/09/2020