Detectan un gromo nunha residencia da Coruña e soben os casos na de Vimianzo

O número de usuarios con coronavirus en residencias de maiores galegas elevouse este venres a 135 (12 máis que onte), ao detectarse un gromo con 8 internos contaxiados no centro Santa Teresa de Jornet, na Coruña, e notificarse 9 casos máis en maiores e 3 en empregados da DomusVi de Vimianzo.
Segundo informan o Servizo Galego de Saúde e Política Social, nas últimas 24 horas rexistráronse 19 positivos en residentes, 3 falecementos e 4 altas; mentres que o número de traballadores con coronavirus elevouse a 111 (dous máis), tras 6 positivos e 4 altas.
O maior gromo entre usuarios atópase na DomusVi de Vimianzo, con 58; seguida da San Bartolomeu de Xove, con 16; a residencia Hospital San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo (Lugo), con 13; a Moledo de Vigo, con 12; a Santa Teresa de Jornet, na Coruña, con 8, e o CRAPD Vigo II.