CRTVG

Buscar

Detectan un gromo na base medicalizada do 061 en Foz, con seis persoas afectadas

Publicado o 17/11/2020 18:43
Detectan un gromo na base medicalizada do 061 en Foz, con seis persoas afectadas

Un total de seis traballadores, entre persoal sanitario e non sanitario, deron positivo por coronavirus na base medicalizada do 061 en Foz, na provincia de Lugo.

Fontes da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmaron este gromo, que tamén implicou outros tres traballadores, entre persoal sanitario e non sanitario, que agora gardan a correspondente corentena por manter contacto estreito cun positivo por covid-19.

As mesmas fontes subliñaron que o 061 garante a asistencia ás urxencias e ás emerxencias sanitarias na área de referencia da base medicalizada de Foz, así como no resto da comunidade.

Neste sentido, asegurou a "substitución inmediata" do persoal asistencial nos casos en que resulte necesario illar algúns traballadores como consecuencia do coronavirus.