CRTVG

Buscar

Detectan un gromo con once infectados entre os doentes de diálise da Coruña

Publicado o 21/01/2021 20:41
Detectan un gromo con once infectados entre os doentes de diálise da Coruña

Detectouse un gromo de coronavirus entre os doentes que acoden a diálise nos hospitais privados Quirón e San Rafael da Coruña, derivados polo Sergas. Hai once enfermos afectados. Parte deles ían en ambulancia ás súas sesións de diálise, pero a empresa que presta o servizo asegura que ningún dos traballadores está contaxiado.

Noticias web

21/01/2021