CRTVG

Buscar

Detectan un gromo con cinco positivos na unidade de psiquiatría do Hospital de Lugo

Publicado o 07/08/2021 18:07

Detectado un gromo con cinco positivos na unidade de Psiquiatría do Hospital Lucus Augusti. Todos os contaxios foron entre pacientes, polo que se pensa que un deles ingresou cunha PCR negativa, pero que xa estaba incubando o virus. Tras detectar o primeiro caso fíxose un cribado de toda a planta.

O total dos traballadores deron negativos, pero si houbo catro pacientes máis que deon positivo. Os pacientes contaxiados xa foron trasladados á planta covid para que alí poidan facer a corentena. Ningún ten síntomas que recomenden o ingreso nesa unidade. Todos son, polo de agora, asintomáticos ou teñen síntomas leves.

Noticias web

07/08/2021