CRTVG

Buscar

Detectan un gromo con 37 positivos no centro de atención á discapacidade de Redondela

Publicado o 16/08/2021 13:43
Detectan un gromo con 37 positivos no centro de atención á discapacidade de Redondela
EFE

Detectan un gromo con 37 usuarios positivos do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela.  Todos teñen a pauta completa da vacina e están leves ou asintomáticos, segundo a consellería de Política Social.

Os datos, dos que informan a Consellería de Política Social e o Sergas, reflicten este luns que só unha persoa saíu do cómputo, ao dar negativo un residente en Bodía Magnolio, de Vigo. Así, no actual contexto hai 28 infectados na residencia García Hermanos, en Betanzos; 2 en Santo Estebo de Perlío, en Fene; 6, na vivenda comunitaria de Alfoz; 7, na residencia de maiores de Ribadeo; 1, na residencia de Chandrexa de Queixa; 24, na residencia Val de Monterrei; 5, na residencia Soremay; 3, na residencia Santa Marta e 1 na residencia DomusVi de Vigo. En total son 77 usuarios de residencias de maiores. 

No caso de centros con discapacidade, son os 37 do CAPD Redondela mencionados e 14 no Fogar e Clínica San Rafael de Vigo.


Noticias web

16/08/2021