CRTVG

Buscar

Detectan un gromo con 28 casos nunha residencia de Salvaterra de Miño

Publicado o 23/10/2020 14:49

A área de Vigo volveu vivir unha xornada complicada coa maior suba de casos activos de coronavirus dende marzo. Un dos principais gromos está nunha residencia de Salvaterra. Un foco de coronavirus que afecta tres traballadores e 25 anciáns do total de 108 usuarios do centro.


Os responsables do centro, pechado a calquera visita, aseguran que a maior parte dos afectados son asintomáticos ou manifestan síntomas leves. Todos os gromos de Salvaterra están localizados, pero hai preocupación entre a veciñanza.

Ademais de tomar algunhas medidas restritivas, como a suspensión do mercado, o peche de parques infantís ou de locais municipais, o concello de Salvaterra fixo un chamamento á responsabilidade da cidadanía.