CRTVG

Buscar

Detectan un gromo con 17 usuarios contaxiados nunha residencia en San Cibrao, Cervo

Publicado o 30/10/2020 14:15
Detectan un gromo con 17 usuarios contaxiados nunha residencia en San Cibrao, Cervo

Detectado un novo foco nunha residencia de maiores. Trátase do centro de San Cibrao, no concello lugués de Cervo, onde hai un total de 17 usuarios contaxiados. O total de casos activos entre traballadores e residentes en xeriátricos supera xa os 600.

Desde o inicio da pandemia, case 400 das 900 vítimas mortais procedían de residencias de maiores.