CRTVG

Buscar

Detectan seis novos gromos na provincia de Ourense con 24 casos activos

Publicado o 30/09/2020 21:53
Detectan seis novos gromos na provincia de Ourense con 24 casos activos

As autoridades sanitarias detectaron seis novos gromos que afectan tres municipios da provincia de Ourense. Un deles é o caso de Ribadavia, con catro positivos confirmados: unha muller de 29 anos, un home de 31 e dous menores.

Ourense, pola súa banda, conta con catro novos gromos, dous deles de orixe familiar con catro novos positivos confirmados, outro social con catro contaxios e outro de orixe social-familiar con seis positivos por COVID-19.

Detectouse un novo gromo en Baltar-Xinzo de Limia con oito positivos confirmados, entre eles, un home de 70 anos, catro mulleres de 28, 32, 65 e 33 anos e tres menores.