CRTVG

Buscar

Detectan en Vigo o primeiro caso en España da cepa surafricana de coronavirus

Publicado o 28/01/2021 21:05

O Sergas detectou o primeiro contaxio da variante surafricana da covid−19 en España. Sufriuno dun traballador de 30 anos do sector naval que viaxou a ese país por motivos laborais.

Ao seu regreso a España, segundo manifestan fontes sanitarias, o varón referiu síntomas compatibles con coronavirus.

O servizo de Medicina Preventiva da área sanitaria de Vigo procedeu á secuenciación do virus nos laboratorios de microbioloxía do hospital Meixoeiro. O pasado día 5 confirmouse a presenza desta cepa e comunicouse ao rexistro internacional GISAID.

Galicia convértese na primeira comunidade autónoma española en localizar esta variante da covid−19, que xunto á cepa británica e a brasileira é unha das variantes consideradas máis contaxiosas.