CRTVG

Buscar

Detectan en Vigo o primeiro caso da variante brasileira de covid−19

Publicado o 07/04/2021 11:01
Detectan en Vigo o primeiro caso da variante brasileira de covid−19

O Servizo de Medicina Preventiva da área Sanitaria de Vigo detectou o primeiro caso en Galicia da variante brasileira de covid−19, segundo confirmaron fontes do Servizo Galego de Saúde. Foi detectada nun mariñeiro peruano procedente de América do Sur, sobre o que se sospeitou "que podía ter esta variante". Neste sentido, o Sergas apuntou que non se secuencian todas as probas PCR, senón "só aquelas con sospeita doutra variante".

No caso deste home, Medicina Preventiva fixo as comprobacións ao ter en conta os datos de procedencia e as características clínicas do paciente. Así, fíxose a secuenciación que confirmou a variante brasileira.

O xefe de Microbiología da área Sanitaria de Vigo, Benito Regueiro, trasladou que o achado desta variante se produciu no marco do proceso de vixilancia que manteñen "sistematicamente" para o Ministerio de Sanidade e o Sergas.