CRTVG

Buscar

Detectan en Nigrán un home con 1.130 euros en billetes falsos

Publicado o 15/02/2020 19:39

A Garda Civil está a investigalo penalmente por un delito de tenza de moeda falsa para a súa distribución ou expedición. Os feitos remóntanse a finais de 2019, cando os axentes da Garda Civil identificaron a este veciño de Arbo, de 30 anos, no interior do seu vehículo cun feixe de billetes falsificados. Eran trece billetes de 50 euros e vintecatro de 20 euros, cos que supostamente quería pagar un remolque. A investigación continúa aberta para coñecer a orixe e procedencia dos billetes falsos intervidos.


 

Noticias web

15/02/2020