CRTVG

Buscar

Detectan en España un bebé con salmonelose por consumir leite 'Lactalis'

Publicado o 12/01/2018 20:52

Primeiro caso en España dun bebé con salmonelose por consumir leite para lactantes contaminado da compañía francesa Lactalis. O bebé foi atendido nun hospital de Bilbao, non estaba grave, e xa foi dado de alta.

Este caso e outro sospeitoso en Grecia son os únicos dos que se ten constancia fóra de Francia, onde hai ata agora 37 confirmados oficialmente. O Goberno francés anunciou hoxe que obrigará a retirar todos os alimentos infantís saídos da fábrica de Craon, onde se produciu a contaminación, despois de que en decembro prohibiran comercializar máis de 1.300 lotes. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018