CRTVG

Buscar

Detectan e inmobilizan en Lugo preto de 40 coches sen seguro

Publicado o 13/09/2019 20:57

No marco dun operativo especial contra os coches que circulan sen seguro por Lugo, a Policía Local inmobilizou nos últimos dous meses un total de 36 vehículos. Unha vez detectados, foron trasladados ao depósito municipal. Os seus titulares enfróntanse a sancións de entre 650 e 2.800 euros. "É unha temeridade, dende logo, andar sen seguro. Pero claro, cada un é cada un e é responsable dos seus actos."

De xeito paralelo, os axentes tamén detectaron nos últimos meses ata medio cento de vehículos abandonados nas rúas de Lugo, que tamén acabaron no depósito municipal. Dende os talleres de despezamento, aconsellan dar de baixa os coches vellos en caso de que deixen de ter uso. Ángel Mouriz, traballador dun taller de despezamento: "Se tes un coche vello, mándalo a despezar. Éche o mellor que se pode facer. Aforras multas e recuperas incluso algo, porque de momento se está pagando algunha cantidade polo coches vellos. Por todos tipo de coches se lles está dando algunha cantidade ao cliente."

A maior parte dos vehículos que foron retirados polo guindastre continúan no depósito municipal de Lugo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2019