CRTVG

Buscar

Detectan dous novos gromos na cidade de Ourense con seis positivos en total

Publicado o 01/09/2020 18:57
Detectan dous novos gromos na cidade de Ourense con seis positivos en total

As autoridades sanitarias informaron este mércores da detección de dous novos gromos da Covid-19 na cidade de Ourense, que suman en total seis casos activos. En concreto, segundo fontes da área sanitaria, detectouse un novo gromo de orixe familiar con tres casos activos: un home e unha muller de 72 anos e un menor; así como outro foco que afecta dúas mulleres de 33 e 28 anos e un home de 34. Todos eles están xa en illamento.

Por outra banda, o rastrexo de contactos detectou dous novos casos de coronavirus relacionados co gromo de Mariñamansa, os de dous homes de 68 e 24 anos, co que este foco ascende xa a 24 afectados.

O gromo detectado nos pasados días no municipio de Melón ascende a cinco casos, co novo positivo dun home de 58 anos. Tamén sobe nun caso o gromo familiar detectado na Rúa --ata os sete--, onde deu positivo un menor.

As PCR de cribado preventivo realizadas aos usuarios e persoal da Residencia Santiago Apóstolo de Vilamarín, tras o positivo dun coidador, resultaron negativos.

Noticias web

01/09/2020