Detectan corononavirus nas augas residuais de Barcelona en marzo de 2019
Investigadores da Universitat de Barcelona detectaron a presenza do coronavirus en mostras de augas residuais da cidade recollidas o 12 de marzo de 2019 nun estudo en colaboración con Aigües de Barcelona. O repositorio ' medRxiv' publicou os resultados que indicarían que a infección estaba presente "moito antes de que se tivese constancia de calquera caso de Covid-19 no mundo", informou a UB nun comunicado este venres.
Demostrouse que hai cantidades de xenoma do coronavirus nas feces, que posteriormente chegan ás augas residuais, polo que a epidemioloxía baseada nestas augas é "unha ferramenta potencial de alerta precoz" da circulación do virus entre a poboación. Así, identificouse a aparición de xenomas entre principios de xaneiro e principios de marzo de 2020, o que adianta a cronoloxía da súa chegada a España: xa o 15 de xaneiro detectábase a presenza do virus, 41 días antes da declaración do primeiro caso.
Estes resultados impulsaron os investigadores a analizar algunhas mostras conxeladas entre xaneiro de 2018 e decembro de 2019, co resultado de atopar xenomas en marzo de 2019, antes da notificación de calquera caso de en todo o mundo. Así mesmo, todas as mostras resultaron negativas fóra da do 12 de marzo de 2019, que mostrou niveis de SARS- CoV-2 "moi baixos pero que deu claramente positivo cunha proba PCR".
Os investigadores estimaron que, dado que a maioría de casos de Covid-19 mostran unha sintomatoloxía similar á gripe, os primeiros "quedaron enmascarados".
21 brotes activos
Aragón é a comunidade autónoma con máis contaxios por coronavirus, 75 casos positivos, case un terzo do total, segundo o último reconto facilitado polo Ministerio de Sanidade. 49 en Huesca, 25 en Zaragoza e un en Teruel. As tres comarcas do sueste oscense, o Medio e Baixo Cinca e A Litera, foron as que retrocederon á fase dúas a principios de semana.
Os focos de Málaga con 89 casos, e Granada con 9, están en fase de recollida de probas e identificación de contactos. En Andalucía, o concello onubense de Isla Cristina suspendeu os actos que puidesen conlevar aglomeracións por mor d brote da localidade de Lepe, que rexistra 10 positivos.
O Goberno valenciano confirmou sete contaxios da covid-19 polo brote rexistrado nunha empresa de produtos cárnicos. En total, case unha ducia de comunidades rexistran brotes da pandemia que obrigaron a activar os protocolos anticontaxio.