CRTVG

Buscar

A auga da billa de Corme non é potable, deu positivo en bacterias e norovirus

Publicado o 27/09/2019 19:45

En Corme non se pode beber a auga da billa. As últimas analíticas confirman que a auga da billa non é potable.  Deu positivo en bacterias e norovirus.  Así que non se pode beber. Tampouco a poden usar para lavar alimentos ou para cociñar. O Concello está repartindo auga embotellada polas casas e vaino seguir facendo ata que se recupere a normalidade. 


Os resultados das análises realizadas pola Consellería de Sanidade atopan dous axentes contaminantes no baño do centro de saúde de Corme, nunha mostra extraída onte 26 de setembro ás 11 da mañá. Os resultados din que alí atoparon bactericas coliformes e tamén Clostridium perfringens. Ante estes resultados, esa podería ser a orixe dese brote de gastroenterite. De momento, aínda se está a espera de ter máis conclusións tanto da consellería de Sanidade como do propio Concello de Ponteceso, ao que pertence Corme.

Insisten na recomendación de que non se consuma auga da traída, nin para beber nin para lavar alimentos, nin empregala para cociñar.

Desde a Consellería de Sanidade e desde o Concello de Ponteceso tamén insisten en que se trate de evitar o contaxio persoa a persoa. Recomendan, entre outras cousas, lavar as máns máis a miúdo e, se se ten síntomas, non ir traballar ou que os nenos non vaían á gardería ou ao colexio. 

Antes estes resultados, o Concello volve repartir auga embotellada a partir das catro e cuarto da tarde deste venres na lonxa nova do porto de Corme.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2019