CRTVG

Buscar

Detectan cinco positivos máis en residencias de maiores de Galicia

Publicado o 04/08/2021 13:24
Detectan cinco positivos máis en residencias de maiores de Galicia

Hoxe detectáronse cinco novos positivos nas residencias de maiores en Galicia: dous na residencia Domusvi de Vigo e un na residencia de Chandrexa de Queixa, na de Val de Monterrei e na de Ribadeo. O gromo da residencia de Santo Estevo de Perlío, en Fene, reduciuse a dez persoas, logo de que oito dos contaxiados deran negativo durante as últimas horas.

Así, nas residencias de maiores galegas hai nestes momentos 29 positivos detectados, e nas residencias de discapacidade, 32: un en Sarria e os trinta e un restantes no Fogar de San Rafael, en Vigo.

Noticias web

04/08/2021