CRTVG

Buscar

Detectan casos de persoas vacinadas que contaxian, e piden manter a precaución

Publicado o 12/05/2021 15:29

A última vítima mortal en Galicia, unha muller de 88 anos falecida en Ourense, recibira xa a primeira dose da vacina de Moderna, pero non completara a pauta. Os expertos insisten en que hai que manter a garda alta mesmo despois de completar a inmunización. Porque se están a detectar contaxios familiares que parten de persoas xa vacinadas.

A mensaxe positiva dos expertos é que, aínda que detectan casos de contaxios de persoas xa vacinadas, a transmisión é menor e moito menos grave. Pero aínda non hai que relaxar as precaucións. 

Desde o Colexio de Médicos de Ourense fan un chamamento ao sentido común e evitar as actividades de risco. As vacinas e acadar a inmunidade colectiva son a maior esperanza para acabar coa pandemia. E queda, din, o último esforzo. 

 

 

 

Noticias web

12/05/2021