CRTVG

Buscar

Detectan a presenza de cidadáns portugueses en Tui sen causa xustificada

Publicado o 07/01/2021 14:18

Só se pode atravesar a fronteira para acceder a Tui por motivos de saúde, educativos e laborais. O paso entre España e Portugal está aberto, pero os controis policiais advirten aos condutores do peche perimetral en que se encontra a cidade.

Repostar combustible e compras de alimentación son costumes moi arraigados para os habitantes da raia.

Tui está no nivel medio-alto e, coas restricións vixentes, os veciños só poden moverse dentro do termo municipal, agás por causa xustificada.

Noticias web

07/01/2021