CRTVG

Buscar

Detectan 22 condutores con exceso de velocidade nunha soa noite en Ourense

Publicado o 26/08/2019 14:41

Máis de 20 denuncias nunha soa noite. Aconteceu en Ourense esta fin de semana. A Policía Local montou un control de velocidade nun tramo cun límite máximo de 40 quilómetros por hora e noutros puntos da Nacional 120 ao seu paso pola cidade onde non se poden superar os 50 quilómetros por hora. Superaron a velocidade 22 condutores. As sancións poden ir dos cen aos 600 euros.

Os excesos de velocidade e a inxesta de alcol son as infraccións máis comúns na provincia.

Noticias web

26/08/2019