CRTVG

Buscar

Detectan dezaoito positivos nun ximnasio de Arteixo vecellados ao porteiro de Oleiros

Publicado o 30/07/2020 20:56

Un dos gromos de coronavirus máis importantes neste momento é o localizado en Arteixo. O caso está relacionado co porteiro de Oleiros que deu positivo.

O centro de boxeo de Meicende permanece pechado. Deron positivo un total de 18 usuarios do ximnasio. As autoridades sanitarias están aumentando o círculo de contactos ante a posibilidade de novos contaxios. 

A orixe deste foco de coronavirus está no porteiro do pub de Oleiros que daba positivo esta fin de semana.

Nas últimas horas mantivo en alerta a policía. Os axentes que foron ao seu domicilio para comprobar se estaba gardando o confinamento obrigatorio chamaron reiteradamente á porta sen obter ningunha resposta. Tras lanzar un aviso, o propio afectado contactaba cos servizos sanitarios para dicir que si estaba cumprindo co illamento. 

O garda de seguridade está illado na casa con síntomas leves. Os traballadores do centro están en corentena á espera dos resultados das probas PCR.

 

Noticias web

30/07/2020