Detectados once positivos no cribado realizado a fin de semana en Santiago
Publicado o 02/02/2021 16:56
A área Sanitaria de Santiago e A Barbanza detectou 11 positivos por covid-19 no cribado realizado no recinto feiral de Amio durante a pasada fin de semana, en que había unhas 9.000 persoas citadas.
Segundo informou a área sanitaria compostelá, neste cribado realizado a pasada fin de semana na capital galega participou o 69,25 por cento das persoas convocadas ao test.
En concreto, unhas 9.000 persoas con cartón sanitario nos centros de saúde de Santiago e con idades comprendidas entre os 41 e 45 anos foron citados a participar neste cribado poboacional no recinto de Amio.