Detectados en Ourense casos relacionados coas viaxes de fin de curso a Mallorca
A elevada incidencia de casos entre a xente nova en Ourense atribuíuse nun primeiro momento ás festas de fin de curso, pero os raxtrexos permitiron focalizar o común denominador da maior parte dos positivos na coincidencia de viaxes de grupos de licenciados dos insititutos a Mallorca. Non se concreta a cifra de contaxiados, pero si que houbo transmisión a algún familiar e que se secuenciaron casos da variante británica e da variante delta.
Os institutos colaboran na elaboración dunha listaxe de alumnos pese a que as viaxes non foron organizadas polos centros senón por grupos de amigos. Estase a realizar un intenso rastrexos dos contactos.
Ourense, con 107 casos activos, é a día de hoxe a cidade galega coa incidencia acumulada máis elevada. 101 casos por cada cen mil habitantes.