CRTVG

Buscar

Detectados dous casos de meninxite vírica en centros escolares da Estrada

Publicado o 10/05/2019 17:30

A Consellería de Sanidade activou o protocolo de vixilancia ante dous posibles casos de meninxite vírica detectados en dous centros escolares da Estrada.

Informan de que os afectados evolucionan ben. E como son dous casos víricos, máis frecuentes e benignos que os bacterianos, descartaron adoptar medidas preventivas entre os compañeiros.

Lembran que o principal mecanismo de transmisión son as feces e, polo tanto, as precaucións son fundamentalmente hixiénicas: lavado das mans e limpeza dos aseos e doutras superficies.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019