CRTVG

Buscar

Detectados cinco positivos entre os presos do cárcere do Pereiro de Aguiar

Publicado o 01/06/2021 17:16

Cinco presos do cárcere ourensán do Pereiro de Aguiar deron positivo en infección por coronavirus, segundo confirmaron este martes fontes carcerarias. Os casos detectáronse entre reclusos que están en terceiro grao e só van ao cárcere durmir.

Un dos casos confirmados atópase ingresado no hospital e os outros catro pasan a corentena illados nos seus domicilios. Foi un dos reclusos, que estaba de permiso, o que alertou de que dera positivo nunha proba. O centro activou o protocolo e illaron aos contactos estreitos. Hai 13 persoas pendentes do resultado da proba e un traballador deu negativo e permanece en corentena.

 

Noticias web

01/06/2021