CRTVG

Buscar

Detectado un segundo caso de coronavirus nos EUA

Publicado o 29/02/2020 04:53

• Non viaxou ao estranxeiro e non tivo contacto co primeiro infectado

Detectado un segundo caso de coronavirus nos EUA

Detectado un segundo caso de coronavirus nos Estados Unidos. A persoa infectouse sen saír do país e sen ter contacto co primeiro paciente, do que se informou este mércores. A nova doente é unha muller de 65 anos e residente no estado de California. A muller acudiu ao médico con problemas respiratorios e deu positivo na proba que se lle realizou. Dende que comezou o andazo, máis de 60 persoas foron tratadas polo coronavirus en EUA, onde non hai ningún falecido. O presidente Donald Trump nomeou o seu vicepresidente, Mike Pence, máximo responsable das operacións para controlar a expansión do virus. O Congreso prometeu 1.500 millóns de dólares para afrontar a situación sanitaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí